ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene conmemora ao longo desta semana o Día das Mulleres. As actividades comezaron onte á tarde, na pista polideportiva municipal de Centieiras, cunha exhibición de judo feminino a cargo do Club Artes Marciais Fene. Esta mañá, ás dez e ás doce e media, representarase na Casa da Cultura o monólogo "Golpes" (con temática sobre a violencia de xénero) para a rapazada do IES de Fene e do CPI A Xunqueira. Ademais, dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade anuncian un obradoiro de mecánica básica para mulleres (do que se achegará máis información en datas próximas).
En relación coa función teatral que o Concello de Fene organiza este ano para a rapazada do IES Fene e do CPI A Xunqueira, "Golpes" está protagonizada por unha moza que nos conta a súa vida e os seus soños, como que era romántica, e o que aprendeu dunha relación que non debeu vivir". Neste monólogo, interpretado por Estíbaliz Veiga e dirixido por Xosé Leis, abórdase o problema da desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia).
"Golpes" busca que a xente identifique todos e cada un dos índices sociais presentados na súa vida "de todos os días" e que vexa canto traballo hai por facer para vivir nun mundo igualitario.
MANIFESTO 8M
No Pleno ordinario do mes de marzo, celebrado o pasado xoves, a Corporación Municipal de Fene aprobou por unanimidade o manifesto institucional do Concello de Fene ao redor da conmemoración do 8M. Neste 2023, “a Organización das Nacións Unidas, con motivo do Día Internacional da Muller, recoñece e homenaxea ás mulleres e nenas, así como ás organizacións feministas que loitan polo avance da tecnoloxía transformadora e o acceso a unha educación dixital”.
Este ano pretende ser, engade o documento, “unha conmemoración que sirva tamén para explorar e avanzar nos efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais”. E tamén se pon de manifesto a importancia de protexer nos espazos dixitais os dereitos das mulleres e das nenas, e a abordaxe da violencia de xénero en liña e nas novas tecnoloxías da comunicación.
Publica o teu comentario agora