A polo liderado

A polo liderado
01 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Logo de vencer fronte ao Celta B en Riazor, o Deportivo visita esta fin de semana o campo do Unionistas, onde tentará achegarse ao actual líder da categoría, o Alcorcón

ESCOITA O PODCAST:

O Unionistas-Deportivo correspondente á xornada 30 en Primeira RFEF disputarase este sábado 1 de abril ás 19,00 horas. O equipo de Óscar Cano xogará antes que o líder da categoría polo que tentará acadar un triunfo que lle permita igualar ao Alcorcón. O seu rival, o Unionistas, ven de perder contra o Badaxoz e ocupa a undécima posición da táboa con 36 puntos. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a gañar en terras salmantinas co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na nosa canle de youtube.

Na imaxe, lance do encontro entre o Dépor e o Unionistas disputado en Riazor.

Fotografía: RC Deportivo.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora