ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O persoal do Parador de Turismo de Ferrol concentrouse este mediodia diante do histórico establecemento de hostelería para manifestar a súa oposición ao peche anunciado polo goberno. Reclaman o mantenemento dos postos de traballo e dun centro hosteleiro de carácter público.
A Confederación Intersindical Galega considera que tras o anuncio de peche do Parador de Turismo de Ferrol se esconde unha manobra privatizadora do Partido Popular. “O hotel será vendido ou adxudicado para a súa explotación a algunha empresa” aventura o sindicato nacionalista. A CIG relata que os dados de ocupación do Parador de Ferrol están por riba da media do sector. Os empregados concentráronse ás doce deste mediodia diante do establecemento. Reclaman o mantenemento do historico Parador ferrolán e dos seus postos de traballo.