ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Comisións Obreiras, a través da Fundación 10 de Marzo, participa mañá xoves, 26 de xuño, na homenaxe que se lle renderá ao cantante, mestre e sindicalista compostelán Benedicto García Villar. «Polo mar da liberdade» será o lema do acto, que comezará ás 20 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A entrada é libre ata completar a capacidade.
Presentará a homenaxe o actor e monologuista Carlos Blanco. A seguir intervirán numerosos artistas de Galicia e Portugal, encabezados pola cantautora Uxía, que ademais coordina o evento. Daquela, subirán ao escenario do Principal os galegos Antón Seoane, Miro Casabella, Fran Pérez ‘Narf’, Mini e Mero, a Orchestra Valdeorras e Quintas Canella, así como os portugueses Manuel Freire, Francisco Fanhais e João Afonso.
Como se indicou, a entrada será libre ata completar a capacidade. Con todo, o público poderá colaborar economicamente coa organización do evento adquirindo un exemplar do libro-CD con que se homenaxea a Benedicto.
Mestre, cautautor, sindicalista, militante
A comisión organizadora da homenaxe destaca o carácter polifacético de Benedicto. Na súa persoa conflúen o «mestre comprometido coa renovación pedagóxica» mais o «home militante de partido», pero tamén o cantautor social «comprometido coa liberdade e a cultura galega» ou o sindicalista, labor este último que desempeñou no Sindicato Galego da Música, na Federación do Ensino e na dirección nacional de CC OO de Galicia.