ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Manuel López Hermida da peixería Marina de Maniños xubílase en setembro. Colle o retiro pero o negocio continuará aberto. Esta mañá despediuse da súa clientela nos micrófonos de Radio Fene. Colle o relevo Brais Figueiras. Manolo e a peixería Marina seguirán camiños paralelos a partir da primeira quincena de outubro.
A cabeza dun peixe espada decora estes dias a peixería Marina. “Chámalle moito a atención á rapazada” indica Manuel López quen nos fala dos diferentes peixes que vende no seu establecemento: “Sardiña, bonito, lirio, meiga, mexillón, cigala e nécora trouxen o sábado pasado”. “En Maniños tomo moitas veces café cun home que vive na ribeira e que ía nas lanchas lagosteiras, pescar a langosta na zona do cabo Prior” indica. Da tradición mariñeira desta parroquia de Fene tamén nos fala a canción tradicional: :"Polo río de Ba, baixaba unha sardiña,..."
Publica o teu comentario agora