A polo sorpasso

O Cultural Maniños feminino ten 46 puntos e son terceiras a un punto do Meirás.
14 de Marzo, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

O campo do Pote acolle este sabado o Maniños- Rosalía, ás 16,30h.

ESCOITA O PODCAST:

Un pequeño esforzo máis e o Maniños feminino podería ser medalla de prata na Liga de Fufbol 8. Están terceiras a un punto do Amistade de Meirás e ten unha xornada máis así como o gol average ao seu favor, para facer o sorpasso.

A victoria do Maniños sobre o Eume deportivo a domicilio, tal e como amosa o resultado 0-7 do último choque xa no descanso, foi doada. O próximo encontro co Rosalía, o sabado 16 de marzo ás 16,30h, no campo do Pote, será unha oportunidade para dar un paso adiante na consecución desa segunda praza na clasificación final. O técnico Carlos Gómez explica que a posición final inflúe despois no campionato de copa.

Deportes

Publica o teu comentario agora