A polo Tour European Rallye

A polo Tour European Rallye
04 de Outubro, 2021 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro van a polo Tour European Rallye absoluto en Francia. Correrán cun 208 Rallye 4 alugado a unha empresa de Lleida que se encarga do mantemento e de colocar o vehículo no lugar da carreira. Participarán no Rallye Antibes Cote d´Azur. Na Costa azul francesa algúns tramos coinciden cos do mítico rallye de Montecarlo. 

Vigo e Ameneiro (Escuadra Scratch Fene) xa lograron o título europeo no campionato de 2 rodas motrices do 2020. Agora correrán o venres e o sábado na última proba puntuable do TER 2021.

Deportes

Publica o teu comentario agora