A polo Trofeo Europeo de Rally

A polo Trofeo Europeo de Rally
10 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os campións feneses Édgar Vigo e Fátima Ameneiro comezan a tempada 2024, co obxectivo de superarse a si mesmos e gañar o Trofeo Europeo de Rally da Federación Internacional de Automóbil. Esta fin de semana disputarán a primeira proba do Trofeo nos Alpes franceses, nunha zona fronteiriza con Suiza, onde se atopa xa o equipo da Escudería Scratch Fene. Desde alí falounos da competición e os seus obxectivos para este ano Edgar Vigo.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Non pode haber outro que intentar loitar pola vitoria”, asegura Édgar. O ano pasado os de Fene foron subcampións do FIA European Rally Trophy. Para logralo teñen por diante un calendario que os levará por distintos países europeos.”Esta semana en Francia, a que vén na República Checa xa nos imos atopar co vencedor do ano pasado, que foi un piloto checo”. Tamén nos comentou o estado de saúde que ten Fátima Ameneiro, debido a unhas  molestias que sofre nas costas. A pesar diso ela confesase “moi ilusionada de poder gañar un título FIA”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora