ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os pilotos de Scratch Fene son nestes momentos líderes do certame continental.
A tempada 2024 de Édgar e Fátima avanza sen descanso estival e está a ser un auténtico exercicio de malabarismo para os de Fene. Debido á actividade laboral da copilota fenesa nos Apartamentos Auga, o mes de agosto sempre se marcou no seu calendario como un mes non apto para carreiras, pero grazas á súa vantaxosa posición actual no campionato, moveron Roma con Santiago para que esta situación variase en 2024. Deste xeito, un rallye que a principio de ano aparecía como descartado no seu calendario, o Rajd Rzeszow en Polonia, pode converterse agora nun punto clave para encarrilar o campionato e converterse en pilotos prioritarios da FIA. Despois do resultado obtido polo equipo en Austria, onde o checo David Stefan, líder do campionato, sufría un accidente e abandonaba a carreira cando estaba a pelexar a posición cos feneses, os puntos alcanzados nesa proba os catapultaron á primeira posición do FIA ERT. Nesta situación privilexiada e ante a proximidade xeográfica da proba polaca á República Checa, os coruñeses non se podían permitir que o seu principal rival participase na competición e se distanciase novamente na xeral, así que cambiando por completo o calendario previsto, decidiron enrolarse na proba polaca e, para a súa sorpresa, unha vez publicada a lista de inscritos, descubriron que David Stefan non se inscribiu. Deste xeito, ábrese a oportunidade para os galegos de distanciarse máis na clasificación.
"Temos que ser intelixentes e aproveitar a oportunidade que se nos brinda ao non presentarse os nosos principais rivais. Será un rallye difícil, xa que se deciden o campionato polaco e o eslovaco de 2 rodas motrices nesta competición e seguro que os pilotos locais terán un gran ritmo, pero o noso obxectivo é o ERT e aí, non temos nin a David nin ao búlgaro Nikola tras a súa lesión en Austria" afirmou Édgar.
"Será un rallye completamente novo para nós e polo que vimos en vídeos, moi complicado polo que as notas, serán moi importantes" indica Fátima.
O mércores 7 de agosto realizaranse as verificacións administrativas, o xoves 8 os recoñecementos e o venres 9 e sábado 10 a propia competición.
Publica o teu comentario agora