A polos 100.000 euros

A polos 100.000 euros

27 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O Parrulo Ferrol busca conseguir un presuposto de 100.000 euros anuais para afrontar con garantias a competición na Segunda División do fútbol sala. Falarán co Concello ferrolán pero non desbotan convertirse na sección de fútbol sala do Racing. Teñen ata o 28 de xuño para reunir os diñeiros necesarios.

O Parrulo logrou o ascenso de categoría o pasado sábado, tras superar a eliminatoria contra o Nazareno de Sevilla. Agora empeza a batalla nos despachos e a búsqueda de apoios en institucións e empresas.

Deportes