Polymorphics Band e Arrivederci

Polymorphics Band e Arrivederci
12 de Abril, 2019 - 09:46 h. | Publicada por Radio Fene

Os grupos Polymorphics Band e Arrivederci ofrecerán un concerto este sábado ás oito da tarde no Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío. Forma parte do programa Ven a Fene, organizado polo Concello de Fene coa colaboración das entidades cidadáns. A entrada é de balde.

Mariola Hermida, da xunta directiva do CCRD Perlío

Polymorphics Band é un quinteto musical da zona de Ferrolterra. Está formado por cinco músicos: dúas guitarras, un baixo, percusión e a voz principal, Elois. O seu estilo musical é pop-rock e inclusive pasando polo funk. Como eles mesmos sinalan, a súa finalidade é amenizar calquer evento con boa música en directo. Aínda que é un grupo de recente creación, xa teñen unha andaina demostrada. Chegan á xente grazas á labor que fan os seus compoñentes e ao amor e o respeto que teñen pola música. Elois é a voz cantante, unha rapaza cunha voz doce e que a moldea para versionar temas moi coñecidos e actuáis.
Tamén forma parte de Arrivederci, un trío pontés que integran tres mulleres mozas e con moito carisma, que un día decidiron xuntarse para cantar. Ofrécennos temas en acústico, con piano, e incluso con guitarra é as veces con violín. As súas voces son harmoniosas e moi ben fusionadas.

Cultura

Publica o teu comentario agora