Pon a orella!

Pon a orella!

05 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Festa da Orella de Limodre cumpre vintedous anos. Chega cargada de novidades. Celebraráse o sábado vinte de agosto e nesta ocasión as racións serviránse tamén ao mediodia. Haberá de xeito simultáneo unha feira de artesanía e produtos locais.

Os Charangos animarán a pista polideportiva de Limodre e as duas da tarde comezarán a repartirse as racións  de orella, chourizo, pataca, pan e viño ao ridículo prezo de dez euros. O grupo Os Zares actuará as oito da tarde e as nove e media comezará un novo reparto de racións. A Asociación Veciñal de Limodre organiza a Festa da Orella. Sábado vinte de agosto ao longo de todo o dia.

A orella fora de Limodre
"Hai xente que non proba a orella fora de Limodre" afirmaba con fachenda o ano pasado, Rosa Filgueiras, directiva da Asociación Veciñal e coordenadora da cociña do evento. As orellas de porco cocen unha hora e cuarto a lume lento. Logo sirvense cortadas e con sal e pementa aparte para que sexa condimentada ao gusto das persoas asistentes. A Asociación Veciñal de Limodre serviu o ano pasado arredor de cincocentas racións de orella, acompañada de chourizo, patacas pan e viño. Este ano agardan incrementar de xeito notable a cifra, ao ampliar o horario a mediodia.

Sociedade