Ponte ao rejo actua en Maniños

Ponte ao rejo actua en Maniños
30 de Maio, 2023 - 12:36 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de música tradicional Ponte ao rejo actuará este venres na asociación O Pote de Maniños. Ademais o grupo Poetas Galegas dará lectura a diferentes poesías. Rematará a xornada con queixo, bola e queimada. Organiza a Asociación Etnográfica e da Natureza (AETNA) para conmemorar as Letras Galegas. No local do Pote, venres, as oito da tarde.

Arquivo Jorge Gómez

En Maniños non se formou comisión de festas este ano. A asociación O Pote asumirá entón a organización da romaría do Pote para o domingo vintesete de agosto. A entidade prepara para o 2024 a celebración do centenario desde a adquisición do campo da festa da parroquia.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora