Ponte... nas ondas! ofrece unha síntese multimedia de 18 anos de traballo

Ponte... nas ondas! ofrece unha síntese multimedia de 18 anos de traballo

07 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Unha suite musical composta para a ocasión polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño sintetiza da maneira máis concreta posible o que vai para dúas décadas de traballo da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! promovendo o patrimonio inmaterial galego-portugués a través dos responsables de conservalo no futuro, os nenos e nenas en idade escolar. Na peza de Budiño mestúranse as voces da rapazada que realizou durante este

O carozo de “Na Ponte” está no libro de 200 páxinas ilustrado por Andrés Meixide e que recolle unha manchea de artigos e relatos sobre a traxectoria de Ponte...nas ondas!. O volume está adicado a Francisco Fernández del Riego, “un referente da cultura galega que colaborou connosco en varias ocasións”, salienta Veloso.

O disco componse de 23 pezas musicais cedidas cunha “magnífica disposición” por algúns dos artistas máis importantes de tres continentes, con nomes destacados da música galega, portuguesa, brasileira ou caboverdiana, como Lenine, Timbila Muzimba, Aline Frazao, Luís Pastor ou Uxía. A participación de músicos de prestixio ao longo da traxectoria da experiencia radiofónica foi “un estímulo para o alumnado”, explica o presidente da asociación.

O DVD de “Na Ponte” inclúe un documental de 50 minutos de duración que recolle o camiño percorrido por esta aventura pedagóxica, ademais de videoclips musicais e narracións orais de varios contacontos. A parte audiovisual do proxecto complétase cunha web dedicada (www.naponte.com) dispoñible en catro idiomas.

Alén do produto material da iniciativa, está o espectáculo “radiovisual que integra a radio con proxeccións e permite que os máis novos interactúen con Xurxo Souto”. O presentador subiu xa ao escenario do Culturgal co rapaces para ofrecer un belisco dun show dunha hora que, segundo avanza Santiago Veloso, está listo xa para itinerar: “Ofrecémolo aos concellos e asociacións para que poidan pór en sintonía “Na Ponte” onde o desexen”. O próximo obxectivo é durante 2013 faga parada en moitos municipios de Galicia e do Norte de Portugal.

Cultura