ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ponte no meu lugar. Iniciativa solidaria de Aspaneps. Persoas con distintas capacidades visitan os colexios da comarca. O San Isidro de Neda e O Ramo de Barallobre son os centros educativos visitados esta semana. Pretenden achegar á comunidade educativa ás necesidades de apoio, accesibilidade e tolerancia para todas as persoas. Queren garantir os seus dereitos a unha vida digna.
O centro ocupacional de Aspaneps (Asociación de Pais de Nenos con problemas psicosociais) leva a cabo desde hai anos esta iniciativa. A entidade conta con locais en Fene e Ferrol.
"Os seres humanos pasaremos por distintas etapas, todos nalgún momento necesitaremos apoios e os mellores apoios cos que podemos contar son os dunha sociedade que empatiza, que comprende, que colabora e que coopera" afirmou a mestra do Colexio O Ramo de Barallobre (Fene) Catuxa.
Publica o teu comentario agora