A ponte que non quixo Franco

A ponte que non quixo Franco
21 de Agosto, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

A ponte das Pías inaugurouse o 16 de outubro de 1968. As obras comezaran dous anos antes, en 1966. O encargado das obras da ponte foi Fidel Cibeira, home que explicou en Radio Fene algunhas curiosidades daquela infraestructura que cambióu as relacións entre os habitantes do norte e sur da ría de Ferrol, acortando a distancia e estreitando lazos entre as duas bandas. O primeiro trazado das obras da ponte data de 1952. Franco visitou a ponte a finais de agosto dese ano pero disque non lle gustou o seu trazado, polo que declinou estar presente na inauguración oficial.

ESCOITA O PODCAST:

Rodolfo Lama encargouse das obras de acceso á ponte entre o cruce de Fene e As Pías. O calado das Pías é de 25 metros no lugar máis fondo. Fidel falou do recheo da escollera e da complicada execución do vial ata 1968 cando se inaugurou. Dous obreiros morreron no transcurso das obras, un deles por culpa dun temporal.

A xente da comarca estaba ansiosa por inauguralo, porque iso significaba acortar o tempo de chegar a Ferrol e viceversa en escasos minutos. Fidel Cibeira confirma que Francisco Franco non acudíu ao acto oficial da inauguración pero sí pasou un mes e medio antes, en coche para ver a ponte que levaba o nome do Caudillo no seu honor.

Cibeira traballou, antes e despois da Ponte das Pías, en moitas outras infraestructuras por toda España, en Hidrocivil e noutras empresas, en pontes e ensanches de Tolosa a Pamplona, San Sebastián Canarias, Salamanca ou León.

Sociedade