Pontedeume retrocede ao Medievo na primeira fin de semana de xullo

Pontedeume retrocede ao Medievo na primeira fin de semana de xullo

28 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Pontedeume réndese ao encanto das feiras medievais organizando para a vindeira fin de semana a súa primeira recreación dun mercado medieval. O evento arrincará o venres e se prolongará ate o domingo coas rúas engalanadas, un bo número veciños e veciñas disfrazados de época e con distintas representacións teatrais que servirán de complemento ao mercado de artesanía que se celebrará no casco hist&oa

Ao redor de oitenta postos se instalarán nesta I Feira Medieval da vila dos Andrade. O trazado previsto para o mercado arrincará na praza dos taxis, subirá pola praza de España e percorrerá a rúa Inmaculada ata a Praza do Conde, punto neurálxico do evento que continuará a celebrarse pola rúa Pescadería e a praza da Calzada ata finalizar na ponte de pedra. Ademais, segundo adiantou un dos organizadores, Eduardo Rubianes, “está previsto que na praza do Pan se instalen unha serie de postos dirixidos específicamente ao público infantil”. Haberá xogos tradicionais, un carrusel para nenos e unha caravana de burros ananos nos que os pequenos poderán montar.

No apartado de actividades, esta primeira Feira Medieval de Pontedeume incluirá distintas representacións teatrais (unha das máis destacadas será unha escenificación da revolta irmandiña), actuacións de malabares, música, demostracións de esgrima antiga, cetrería e tiro con arco.

O mercado medieval de Pontedeume inaugúrase este venres ás seis do serán. Tanto o sábado coma o domingo, o horario da feira será de mañá e tarde, cun pequeno descanso ao mediodía para o xantar.

Sociedade