ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As Pontes asina o próximo venres dia 30 de abril o Protocolo de Actuación en casos de Violencia de Xénero e/ou Agresións Sexuais. O acto, presidido polo alcalde, contará coa presencia de todos os estamentos que entran en contacto coas víctimas.
O alcalde, Valentín González Formoso, xunto co edil de Servizos Sociais, José Alén, asinarán o vindeiro venres o Protocolo Municipal de Actuación en Casos de Violencia de Xénero e/ou Agresións Sexuais, incluído no II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de As Pontes 2008 – 2011
No acto, previsto para as 10,00h, tamén participarán o xefe da Policía Local de As Pontes e da Garda Civil, o director do Centro de Saúde de As Pontes ademáis dun representante do Colexio de Avogados de Ferrol. O texto foi presentado o pasado 22 de marzo, na Casa Dopeso, nun acto onde se deu a coñecer a metodoloxía empregada para a realización deste documento que recolle as liñas de actuación dos diferentes axentes implicados no tratamento ás vítimas da violencia de xénero.