ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
34 proxectos empresariais presentáronse no Insntituto pontés de promoción económica no que vai de ano. E 11 deles son hoxe unha realidade. O concello das Pontes acolleu a presentación da II Edición dos premios Ferrolterra Emprende.
No acto, o presidente de AJE Ferrolterra, Cristóbal Dobarro, destacou que ganar este Premio “sirve de lanzadeira para participar no Premio autonómico e nacional. O presidente destacou que “As Pontes estará moi ben representado nos Premios grazas aos bos empresarios da zona”.
A concelleira de industria e promoción económica de As Pontes, Montserrat García, declaró que a intención do seu departamento é fomentar a cultura emprendedora. Proba do espíritu emprendedor do concello é a presentación de 34 proxectos empresariais no Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) no que vai de ano. Deles, 11 son hoxe unha realidade empresarial.
A xerente de AJE Ferrolterra, Laura Pérez, lembrou que o prazo de entrega de proxectos finaliza este viernes 18 de novembro e que o acto de entrega do Premio terá lugar o día 23 de noviembre del 2011, a las 20:00 horas en el Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.