As Pontes facilita aos hosteleiros a recollida do lixo

As Pontes facilita aos hosteleiros a recollida do lixo

22 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de As Pontes sumarase, dende o mes de setembro, á campaña de recollida selectiva de vidro Ale-Hop, dirixida ao sector da hosteleria, contando co respaldo e organización da asociación Ecovidro e a empresa Sufi, responsable do servizo municipal de recollida de residuos. Na primeira quincena do mes de setembro repartiranse en medio cento de establecementos hostaleiros ponteses os novos cubos de reciclaxe espec&iac

Ramén está previsto que se instalen en diferentes puntos do casco urbano un total de dez colectores de gran capacidade que contarán cunha boca máis ancha e un sistema de elevación de cubos que permitirá facer o baleirado dos contedores dun xeito máis cómodo, reducindo tanto o tempo empregado como o esforzo.Os cubos, de 80 litros de capacidade, estarán dotados de rodas e dun sistema de panca que transformará o seu baleirado nun proceso sinxelo, cómodo e seguro xa que os hostaleiros tan só deberán achegarse aos colectores de maior capacidade, enganchar o seu cubo e elevar e baleirar o seu contido, evitando incluso os típicos cortes, feridas e lesións  que se poden producir por un envase roto. Deste xeito, tamén se  mellora a hixiene do procedemento.O Concello de As Pontes súmase a un programa medioambiental que xa está operativo noutros municipios, tanto galegos coma do resto do país.

Sociedade