ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de As Pontes terá mais recursos para poder desenrolar a súa política de tratamento de residuos sólidos urbanos, xa que ven de recibir unha subvención de 35.241 euros da Xunta de Galicia para o seu transporte ata a planta de Cerceda, situada a case 80 quilómetros.
Esta axuda estará a disposición do concello pontés xa para este 2009 e se destinará aos gastos de contratación da empresa Isolux para que proceda ao envío dos residuos á planta de selección.
Curso de xestión de microempresas
Quince mulleres do municipio comezaron un curso de xestión de microempresas que organiza o propio Concello, e que conta co financiamento conxunto do Fondo Social Europeo e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do home e a muller.
Nesta formación, as asistentes coñecerán cáles son as ferramentas necesarias para xestionar unha pequena empresa. Nas clases abordaranse as bases para identificar as oportunidades de negocio, coñecementos básicos sobre a xestión de calidade e das liñas mestras para crear unha empresa e controlar a súa situación financieira.
No eido administrativo, poderán aprender todo o concernente aos procedementos para tramitar documentos oficiais e declaración de impostos. A formación completarase con contidos vencellados á orientación profesional e maila igualdade de oportunidades.
As clases desenvolveranse durante os meses de agosto, setembro, e outubro na aula polivalente de Casa Dopeso, cun total de 300 horas horas lectivas.