As Pontes trasládase esta fin de semana ao Medievo

As Pontes trasládase esta fin de semana ao Medievo

06 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes, xunto coa Asociación Profeira Medieval, está a organizar a que será a oitava edición da Feira Medieval de As Pontes. Un ano máis, as rúas da Vila encheranse de doncelas, bufóns, cabaleiros de escintilantes armaduras e míticos legados familiares e por su posto de tabernas e postos do medievo. Esta fin de semana, os veciños do municipio e os visitantes poderán desfrutar dunha nova edici&oacut

Os días 10 e 11 deste mes será posible pasear pola rúa Real ou pola Praza da Igrexa e facerse con saboroso pan artesán, produtos de artesanía do máis variopintos e incluso tomarse unha cervexa nalgún dos postos que permanecerán instalados dende a rúa Real ata Trala Ponte.
O departamento de cultura e a Asociación Profeira Medieval Rodríguez de Valcarce volverán aunar esforzos para traer atractivas actuacións, exhibicións de cetrería e actividades varias que den lugar a que o casco histórico da Vila regrese varios séculos atrás no tempo para convertirse nunha aldea medieval onde teremos de todo e para todos os gustos.
Polo momento, a organización está aínda a traballar na elaboración do programa desta fin de semana, que se dará a coñecer o vindeiro xoves, e nas diferentes actividades que servirán para que veciños e visitantes desfruten dunha viaxe ao pasado e na que, ano tras ano, podemos atopar máis de medio cento de tendas e postos con comida, bebida, doces, elementos decorativos, xoias ou ata instrumentos musicais.
O que non varía ano tras ano é o pregón de apertura da feira e no que novamente poderemos escoitar ao alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que xunto coa concelleira de Cultura, Sara Ramos, e o presidente da Asociación Rodríguez de Valcarce, Antonio Meizoso.

Coma sempre, éste terá lugar ao mediodía do sábado e servirá para inaugurar esta celebración da que, un ano máis, desfrutarán todos os ponteses e pontesas, ademáis de todos aqueles que decidan pasarse por As Pontes nesta fin de semana.

Sociedade