Pop, saudade e memoria

Pop, saudade e memoria
17 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Andrés do Barro: Pop, saudade e memoria. Unha ollada dende Ferrolterra. A mostra inclúe a súa discografía orixinal e versións realizadas sobre ela; fotografías das súas primeiras actupreparpreparacións e cancioneiros publicitarios coa súa obra. Tamén se pode atopar nesta exposición cartelaría e fotografías promocionais do filme Na rede da túa canción; imaxes; recortes e portadas de prensa musical e de sociedade que abordan a vida e a obra do cantante. Tivo que dicir que as súas cancións eran en portugués para poder levalas ao panorama musical de Europa. Con esta estratexia chegou ao número un das listas cunha canción en galego, catro veces, en plena ditadura.

ESCOITA O PODCAST:

O biógrafo de Andrés do Barro Fernando Fernández Rego fala dos seus éxitos
http://173.255.131.18/audio/120521DOBARRO.mp3

Exposición sobre Andrés do Barro en Ferrol

A exposición sobre Andrés do Barro estará aberta até o 23 de maio no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Pódese visitar de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 de 17.00 a 21.00 horas, e os domingos e festivos, só polas mañás.

Cultura

Publica o teu comentario agora