ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Absurdo, irracional, ilóxico…” Esgótanselle os cualificativos a Manuel Polo, primeiro tenente de alcaldesa de Fene e voceiro municipal do BNG, cando analiza o sucedido esta semana no Congreso dos deputados. O Partido Popular impediu co seu voto que o Ministerio de Transportes bote andar a rolda oeste de Fene. “Un partido político sen norte, viven nun mundo paralelo”, opinou Polo no espazo As Foxas de Radio Fene.

“É votar en contra de algo que o Partido Popular ten proposto aquí en Galicia, a rolda oeste é unha infraestrutura recollida no Plan de Infraestruturas de Galicia aprobado pola Xunta”, lembra Manuel Polo. “Detestan tanto ao BNG que fan de barreira ao Goberno de Pedro Sánchez, póñense entre medias nunha proposta que ten que executar o Goberno de Sánchez”, di Polo sobre esta iniciativa respaldada pola Xunta que o PP do Congreso non quere para Fene. A súa negativa foi decisiva para rexeitala, pois tanto o PSOE como Sumar abstivéronse na votación da iniciativa defendida polo deputado do Bloque Nestor Rego.
Publica o teu comentario agora