ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista. Ese foi o lema da multitudinaria manifestación que este mediodia percorreu as rúas céntricas de Lugo, atendendo á convocatoria de Galegas8M, entidade que agrupa a máis de medio cento de organizacións e colectivos feministas. "É dificil conciliar a vida familiar e laboral". "A sociedade está impregnada de machismo máis alá da violencia física e psiquica". Eran as valoracións dalgunhas das mulleres participantes á hora de falar das súas motivacións para acudir a esta marcha preparatoria do 8 de marzo, Dia da Muller. A escritora María Reimóndez, a independentista María Osorio e o grupo de Burela Batuko Tabanka puxéronlle o ramo á marcha.
Con berros como 'Aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé' ou 'Esta é a nosa revolta' as manifestantes, na súa maioría mulleres, percorreron as rúas da cidade desde o edificio administrativo da Xunta, na Rolda dá Muralla, ata a Praza Horta do Seminario.
A organización mostrou a súa satisfacción pola acollida que tivo a convocatoria, "a pesar de reunir a menos xente que o ano pasado en Vigo", xa que, ao seu xuízo, "Lugo é unha cidade con menos poboación e é máis difícil desprazarse ata alí". "Nótase un ambiente festivo, hai xente que veu disfrazada por entroido. Facemos un balance moi positivo", destacaron fontes da organización.
Na manifestación tamén estiveron presentes varias dirixentes políticas, como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a portavoz da coordinadora de En Marea, Ana Seijas, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, así como a vicesecretaria xeral de Igualdade do PSdeG, Icía García.
Publica o teu comentario agora