Por un consumo máis consciente e responsable

Por un consumo máis consciente e responsable

19 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha feira de artesanía e solidaridade recibe aos visitantes na Praza de Armas de Ferrol. Trátase do IV Nadal Solidario organizado polo Concello ferrolán. Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro.

O comercio xusto preside a feira na que participa a cooperativa de consumo responsable A Xoaniña e as ONGs Solidaridade Internacional, Axuda en Acción e Mundo Cooperante. Tamén ofrecen os seus produtos artesáns do coiro, feltro e cristal da Asociación Artefeito Caseiro. Todos os participantes doarán o 7% das súas ganancias para un proxecto social de combate do cólera en Haití.

 

O IV Nadal Solidario abre todos os dias de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Os dias 24 e 31 pechará ás 19 horas. A carpa pehcará ademáis o 25 de decembro e o 1 de xaneiro. 

Sociedade