Por unha alimentación sostible

Por unha alimentación sostible
16 de Marzo, 2021 - 12:45 h. | Publicada por Radio Fene

O lema da COP26: Unindo o mundo para facer fronte ao cambio climático, facendo fiincapé na importancia da cooperación internacional para abordar o cambio climático. 

ESCOITA O PODCAST:

Celébrase mañá día 17 de marzo a Xornada COP26 na que se abordará o futuro da alimentación e agricultura sostible. Un evento virtual que se desenvolverá de 10 a 12 da mañá. Compartiranse experiencias, retos e oportunidades para a produción e o consumo sostible de alimentos. O chef Juan Llorca compartirá cos participantes un menú para xantar de xeito sostible en casa. Fátima González, da tenda “A Lela” de Fene explícanos que a COP 26 é a xuntanza dos países máis poderosos do mundo que desta vez falarán de alimentación sostible. Enténdese por alimentación sostible, producir e consumir alimentos de temporada, de proximidade e, de paso, o máis naturais posible, sen o uso de produtos químicos que prexudícan a terra.

Preguntamos a Fátima González que se entende por consumo responsable? Cultivar nós os nosos alimentos, ou mercalos ao veciño, ou tentar non consumir produtos de fora porque o transporte contamina. E a maiores valorar as prácticas máis ecolóxicas. “Aínda que a FAO permite unha serie de fitosanitarios, sempre é mellor a xoaniña para o pulgón que o sulfato de cobre, con estar permitido” declara Fátima quen engade que podemos alimentarnos de xeito sostible e aprenderllo aos nosos fillose fillas. “Se non facemos as prácticas agrícolas dos nosos avós, estamos perdidos”.

Como resumo, recoméndanos consumir produtos de temporada como garante de frescura; produtos nosos, canto máis preto máis sostible. Apoiar selos e prácticas determinadas con ese fin. “Recorrer aos agricultores locais é ben para o noso estómago e para o noso bolsillo” afirma Fátima González. E `poderiamos engadir que é bo para o planeta enteiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora