Por unha ampliación racional de Vilar do Colo

Por unha ampliación racional de Vilar do Colo

03 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Etnográfica e da Natureza- AETNA- congregou na mañá do domingo a un grupo numeroso de veciños e veciñas nos Casais de Maniños (Fene A Coruña) para informalos sobre as intencións do goberno municipal de ampliar a área industrial de Vilar do Colo de forma que afectaría a metade da parroquia, segundo afirmaron. O recente anuncio da alcaldía sobre a firma dun protocolo co Ministro de Fomento en Madrid, encendeu a a

O presidente de AETNA Juan José Cabana explicou aos presentes, planos en man, sobre as intencións do goberno municipal de ampliar o polígono nun millón de metros cadrados que se comerían zonas de gran valor natural e arqueolóxico como Cornide, Prismos, Roedoiro, Os Casais, etc. Cabana aclarou que AETNA non se opón á ampliación en sí pero, de ser necesaria, reclama que esta se faga racionalmente, en moita menos superficie e sen destragar zonas como as previstas no plano.

 

A entidade ecoloxista opina que antes de pensar na ampliación habería que ocupar o actual espacio de Vilar do Colo e, en todo caso, debater entre todos os grupos políticos este asunto coincidindo coa actual revisión do PXOM.

O presidente de AETNA anunciou que cada semana realizarán actos deste tipo, mesmo se falou dunha ruta pola zona que se pretende “requisar” para a ampliación.

No acto interviron espontaneamente, o portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Polo, e o ex concelleiro, Andrés González Vizoso, para explicar como deixaron os nacionalistas o proxecto de ampliación do polígono no seu dia. Afirmaron  que "non pasaría de 300.000 metros cadrados, ocupando unha zona diferente á prevista na actualidade e respetuosa co medioambiente".

Ao acto, celebrado diante do colexio Os Casais de Maniños, asistiron medio cento de veciños-as entre os que se encontraban o portavoz do BNG ademais dunha candidata de EU.

Sociedade