Por unha economía mais social

A Marcha Mundial das Mulleres de Vigo organiza as xornadas
17 de Setembro, 2020 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

Teorías e experiencias daranse a coñecer na Escola das economías transformadoras que se celebra en Cangas, do 1 ao 3 de outubro.

A Escola das Economías Transformadoras quere reflexionar sobre a necesidade de camiñar cara un novo modelo económico máis social, colaborativo e sostible. Celébrase o 1,2 e 3 de outubro na Casa do Concello de Cangas. Cada día participará unha ponente cun perfil académico, e varias entidades que aportarán a súa experiencia práctica dende as economías transformadoras. A participación é totalmente gratuita mais limitada ao aforo máximo de 25 persoas en cumprimento do protocolo COVID. Para inscribirse hai que cubrir o formulario antes do martes día 29 de outubro. Terán prioridade aquelas persoas que poidan asistir ás tres xornadas nos horarios establecidos. A Escola das Economías Transformadoras realizarase no Salón de Plenos (1º andar) do Concello de Cangas do Morrazo.

Programa:

XOVES 01.10.20.(16:00-21:00) PENSAMENTO E ACCIÓN

Pensamiento crítico situado para o cambio civilizatorio Isabel Rauber. Doutora en Filosofía, investigadora e experta en movementos sociais latinoamericanos.

Experiencias dende as econonomías transformadoras: Fiare Banca Ética. AIS O Peto. Coop 57

VENRES 02.10.20.(16:00-21:00) XUSTIZA E SOBERANÍA ALIMENTARIA

Pensa global, come local: propostas ante un sistema alimentario en crise Marta Ribó. Doutora en Farmacia e coordinadora de “Justicia Alimentaria” no País Valenciá.

Experiencias dende as econonomías transformadoras: Soberanía Alimentaria Árbore cooperativa Sistema Participativo de Garantía A Gavela Asociación O Toxo Pouso da Serra cooperativa

SÁBADO 03.10.20(09:00-14:00) CRISE DE MODELO E RESILIENCIA

A inevitabilidade do cambio productivo por imperativo climático. Antón Lois. Técnico Medioambientalista e activista de “Amigos da Terra”

Experiencias dende as econonomías transformadoras: Economía Solidaria. REAS Nosa Enerxía Artigo 14

Sociedade

Publica o teu comentario agora