Por unha menstruación sostíble

Hai productos alternativos e menos tóxicos que os tampóns
01 de Outubro, 2020 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

As copas menstruais están pisando forte como alternativa aos tampóns e compresas contaminantes. A fabricación menos tóxica e a reducción de resíduos recomendan o cambio de hábitos.

ESCOITA O PODCAST:

Os tampóns e as compresas que usamos as mulleres para a menstruación están fabricados con algodón, celulosa, poliester ou propileno. É dicir, plástico. A contamnación no proceso de fabricadión e os resíduos que xeneran producen un gran impacto no medioambiente. Tendas como 4ECO de Narón teñen alternativas a este desastre ecolóxico. Afirma Margarita Rodríguez que nos últimos anos as copas menstruais veñen pisando forte. “A comodidade está garantida durante 12 horas e evitamos meter no corpo productos tan tóxicos como os tampóns”.

As copas están feitas de silicona platino, antialérxica, e teñen unha vida de dez anos polo que reducen sensiblemente a producción de resíduos tóxicos. “Hai que apostar por unha menstruaicón sostíble” afirma Riodríguez, quen aposta tamén por productos como as compresas e roupa interior (as bragas menstruais) de tea. As compresas lávanse con xabrón natural e teñen unha vida mínima de dous anos.

“Cando nos achegamos a unha praia é moi común ver restos de aplicadores de tampóns e mesmo compresas no areal” Quere dedir Margarita Rodríguez que, aparte da contaminación no proceso de fabricación, está a gran cantidade de resíduos que xeneran estes productos. En 4ECO son optimistas á hora dun consumo máis ecolóxico entre o sector feminino e explica que, mesmo as empresas tradicionais, están presentando ao mercado productos cada vez máis sostibles.

Sociedade

Publica o teu comentario agora