Porretas, Boikot e Forraje no Fenerock

Porretas, Boikot e Forraje no Fenerock
30 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os abonos para o Fenerock 2024 están xa á venda online. Tamén en puntos físicos de Fene. O ano pasado un dos dous dias completouse o aforo de 2.500 persoas e tivo que quedar xente fora, segundo lembra Sergio Abeledo da organización do festival. Porretas, Boikot e Forraje lideran un cartaz que está a xenerar moita expectación. Fenerock. Venres 20, sábado 21 e domingo 22 de setembro no paseo marítimo de San Valentín.

ESCOITA O PODCAST:

Sergio Abeledo fala das previsións para o Fenerock 2024:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/290824ABELEDO.mp3

Fotografia Xan Xe

Xa se agotaron as duas primeiras promocións con prezos reducidos a través de Internet. Os abonos están agora á venda desde 21,01  euros polos dous dias de concertos.  O venres actuarán Porretas, Forraje, A Pelo, Nordés e o DJ Ratibron. O sábado, Boikot, Sons of Aguirre e Scila, Bule e Turbo Kraks. Haberá sesión vermú de balde o sábado con Terbutalina.  O domingo o Fenerock rematará cun xantar popular.

Forraje, a banda da Pobra do Caramiñal, levaba sen actuar desde 2015. Neste 2024 comezou a colgar na rede sinxelos e videoclips. Reencontrouse co público o pasado 14 de agosto na Festa do Carme dos Pincheiros na Pobra. En setembro subirá ao escenario do Fenerock.
 

 

Na imaxe, Fenerock 2022. Sesión vermú con Tandub

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora