ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Moi contentos co curso e mesmo apenados porque remate. Jonatan Bermúdez Pereira e Óscar Hernández Fernández son alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Inicia VII. Durante un ano reciben formación en Fabricación e Montaxe de Instalacións de Tubaxe Industrial. Os dous e o docente Ignacio Polo Paz falaron en Radio Fene do curso e as súas expectativas.

“Xa traballei disto, tiña experiencia, pero non a titulación, quería mellorar as miñas capacidades, cos estaleiros que temos aquí hai unha boa saída laboral”, sinala Jonatan, de 30 anos e veciño de Barallobre. Óscar, de 25 anos, procedente de Asturias pero residente en Cervás, en Ares, descubriu unha nova saída laboral logo de traballar sete anos na hostalaría, “é un mundo distinto, eu estou encantado”.
Os dous séntense orgullosos de ter contribuído co seu traballo a mellorar espazos públicos coa realización de pezas como as varandas que lles encargou o Concello de Fene, que colabora cos de Ares, Mugardos e Cabanas nesta iniciativa. “Fixemos moitas cousas para os concellos e tamén no taller, este ano estamos moi contentos co alumnado”, destacou o docente deste curso que remata o día 8 de outubro e no que tamén houbo participación feminina, representada por catro mozas que se formaron na especialidade de Fabricación e Montaxe de Instalacións de Tubaxe Industrial, coa que a Concellería de Emprego e Formación de Fene busca abrir novas oportunidades laborais á xente nova.
Publica o teu comentario agora