Porta ao mercado europeo

Porta ao mercado europeo
17 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A marca de coches eléctricos chinesa Arcfox entra en Europa por Ferrol. O seu desembarco é unha gran noticia para o porto ferrolán, opinou Iago Varela no espazo Cultura Tecno. “Unha gran aposta por este porto, unha mostra de que ten moitas posibilidades e moito futuro”, declarou.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Para o mercado europeo, desde Ferrol”. Un dos grupos máis grandes do mercado automobilístico chinés escolleu o porto de Ferrol para a súa introdución en Europa, “grazas en boa medida á  colaboración dunha empresa galega, Atium Logistic, con sede en Bergondo que conta con instalacións en Caneliñas”. De momento, presentou catro unidades, a previsión para final de ano é de case 3.000 vehículos importados e a partir deste exercicio entre 5.000 e 8.000 vehículos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora