A porta entre dous mundos

A porta entre dous mundos
03 de Xaneiro, 2019 - 08:54 h. | Publicada por Radio Fene

Santo André de Lonxe é a porta entre dous mundos. En Teixido atopamos un espazo de marcado valor simbólico e espiritual, na serra da Capelada entre Cedeira e Cariño. A importancia de Santo André na prehistoria é algo que ninguén se atreve a negar, segundo o catedrático da UNED Ramón Sainero.

Santo André de Teixido en Cedeira

Santo André de Teixido é un lugar irmán das illas Arán, símbolo de todo o irlandés e da Bretaña francesa. Son piares do mesmo universo. Este lugar de Cedeira conserva máis restos arqueolóxicos dos que se cre. Ademáis, nas lendas hai bastante máis presencia da realidade histórica, que o que polo  xeral criamos, salienta Sainero.

 

Federico Maciñeira

Nas abruptas e acantiladas vertentes occidentais do tormentoso cabo Ortegal , áchase enclavado o famosísimo santuario de Santo André de Teixido, o máis popular entre os innumerabies que en Galicia existen, como unha de tantas reminiscencias que en Galicia subsisten. 

Comeza así o libro publicado en 1921 por Federico Maciñeira sobre Santo André de Teixido. Garañón editora e a Fundación Santo André de Teixido veñen de publicar unha coidada e fermosa edición facsimile daquel volume, obra imprescindible para o coñecemento do fenómento histórico creado arredor do santuario teixidés.

 

Maciñeira foi o primeiro investigador que dende unha perspectiva científica estudou en profundidade o mundo relixioso e antropolóxico do santuario de Santo André de Lonxe e da aldea de Teixido. “Era unha das máximas autoridades en Europa sobre arqueoloxía e prehistoria das primeiras décadas do século vinte” afirma o vicepresidente da Fundación Pedro Xosé Blanco Llano.

A primeira referencia escrita ao Santo André data de 1196, cando Fernando Arias doa á orde de San Xoan de Xerusalén do hospital e mosteiro de Teixido. Pero ese lugar recóndito da serra da Capelada xa funcionou como destino de peregrinaxes desde moito antes, ainda que logo fose cristianizado. Alá hai que ir de vivo unha vez, senón de morto serán tres.

 

https://www.radiofusion.eu/episodio/santo-andr%C3%A9-de-lonxe-en-teixido

 

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora