ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha xornada de portas abertas organiza para este martes catro de abril, o centro ocupacional de ASPANEPS na rúa do Castro de Perlío. Haberá intercambio de sementes e todas as persoas que se acheguen poderán ver os obradoiros que se imparten nestas instalacións. O coidado do medioambiente é unha das misións de Aspaneps. A educadora Vera Rodriguez e os alumnos Roberto Dominguez e Ramiro Sanjiao falaron en Radio Fene das súas actividades.
O Centro Ocupacional de Aspaneps en Fene organiza para mañá martes unha xornada de portas abertas. Entre as dez da mañá e a unha do mediodía recibirán a todas as persoas interesadas en coñecer o seu funcionamento. Quen se achegue ao Centro, situado na rúa do Castro, número 5, en Perlío, coñecerá as actividades nas que participa unha vintena de alumnos e tamén poderá intercambiar sementes, como anunciou a Radio Fene a educadora Vera Rodriguez
O Centro ocupacional de Aspaneps ofrece obradoiros de terapia ocupacional, estimulación cognitiva e integración social. Tamén de xerigrafía, elaboración de compost para a horta e de prezos plastic para que os residuos teñan unha segunda vida. Do resultado dos seus labores de reciclado deunos unha idea Ramiro Sangiao. Tamén aprenden traballar a terra. Cultivando unha horta na que sementan todo tipo de vexetais, como nos detallou Roberto Dominguez. Na xornada de portas abertas, este martes, de dez a unha, Aspaneps montará pequenos talleres para que as persoas que os visiten poidan experimentar o traballo que fan.
Publica o teu comentario agora