ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Portas abertas no colexio plurilingüe Jorge Juan de Perlío. Dan a coñecer a súa oferta formativa e as instalacións do centro ás familias que teñan previsto escolarizar o próximo curso a nenos e nenas.

Responderán ás dúbidas das familias anunciaron en Radio Fene a directora do centro Ascen Bravo e a profesora de educación infantil Cristina Rodríguez. “Recibimos moita xente, é o momento perfecto para resolver dúbidas”, di Cristina. Cuestións moi variadas, como o cambio de cueiros no caso dos máis pequeniños, preguntan nais e pais nas xornadas de portas abertas do colexio Jorge Juan. Serán os venres 20 de febreiro e 6 de marzo. Nos dous casos, ás catro da tarde, na biblioteca do centro e hai que anotarse para participar nelas.
Ascen Bravo anunciou como novidade para o próximo curso que contarán con auxiliar de conversa a partir de 1º de Primaria. O centro ofrece servizos de madrugadores e tardíos, tamén comedor e departamento de orientación. Xestionado por unha cooperativa formada por 36 membros e con 38 profesores, no colexio Jorge Juan de Perlío están escolarizados este curso 415 alumnos desde infantil ata a ESO, ademais dos que asisten á escola infantil.
Publica o teu comentario agora