Porteiras espectaculares

Porteiras espectaculares
14 de Marzo, 2023 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños fíxose con tres puntos na Coruña. Venceu con comodidade no campo da Torre ao Orillamar, que está no posto inmediatamente superior, a dous puntos, na clasificación. Orillamar 1-4 Maniños

ESCOITA O PODCAST:

Lectura positiva a que fai o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “As porteiras estiveron espectaculares e iso dá garantías. Nestas categorías as porteiras son determinantes”, reflexiona. Deixando claro, en todo caso, a importancia do conxunto “recálcolles moito a palabra equipo, todos somos imprescindibles”. “Os equipos empezan desde a portería e cando defendemos empezan desde as dianteiras”, remacha. Lorena, Sheila e Cristina marcaron os catro goles do Maniños nun partido no que as locais sofriron a expulsión da porteira e case quedan en branco, non marcaron ata o minuto 83.

Deportes

Publica o teu comentario agora