Portería a cero

Portería a cero
11 de Outubro, 2022 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

Bo resultado para o Maniños na Segunda Galicia de fútbol feminino. Gañoulle 4-0 ao Val. Alegría contida no adestrador, Juanjo Iñiguez, “Cebolo” nas declaracións que fixo a Radio Fene. “O resultado foi amplo, pero tampouco é para tanto. Tes acerto e ganas 4 a 0, pero o partido foi moi aberto, os equipos estaban moi parellos pero as calidades individuais decantan se ganas ou perdes”.

 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“O equipo está ilusionado e os resultados chegan. Destaco que a nosa portería segue a 0, o equipo defende ben e vai metendo goles, iso é o importante”, di o adestrador do Maniños. “Non me gusta destacar persoalmente a ninguén, pero está claro que hai valores individuais que aportan moito ao equipo. Hai xogadoras veteranas que saben adaptarse moi ben a categoría e están marcando as pautas a xente nova”. “As xogadoras están ilusionadas e eu tento darlle pistas dos outros equipos. Xa empezan a falar do Maniños, como eu falo do Galicia, que esta semana perdeu pero é un bo equipo, do Perlío, do Discalzas…. Vai ser unha liga moi aberta e non queda máis que traballar e preparar os equipos e, como di o Cholo, partido a partido”.

 

Fotografía: Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora