A portería quedou a cero

A portería quedou a cero
19 de Febreiro, 2020 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

Eume Deportivo 0- Cultural Maniños 6. As rapazas do Pote seguen no bo camiño a nada do liderato.

ESCOITA O PODCAST:

Eume deportivo 0- Cultural Maniños 6. Contundente o Maniños feminino na sua visita a Pontedeume. A pesar das baixas, as rapazas do Pote fixeron un bo partido, un partido "serio e cómodo" en palabras do técnico Carlos Gómez. Debutou con éxito na portería unha nova xogadora, Uxía. Deixouna a cero, un dato moi importante porque o Cultural Maniños ocupa a segunda praza na clasificación detrás do Caranza, cos mesmos puntos (22) pero con dous goles máis encaixados. Os goles deste encontro foron dous de Rebe, dous de Jennifer, un de Mónica e outro de Sheila. Carlos Gomez considera que "a victoria foi de todo o equipo, non só quen mete goles, tamén da defensa". Na próxima xornada hai descanso da liga de futbol 7 feminina a causa do entroido. O domingo 1 de marzo – data por confirmar- o Cultural Maniños recibe no campo do Pote ao Discalzas, coa intención de seguir co bo xogo e na boa racha. (na imaxe, siareiros-as incondicionais).

Deportes

Comentarios

affordable Cipro Without Prescriptions [url=https://apcialisle.com/#]generic cialis[/url] Cialis 20 Mg Einnehmen <a href=https://apcialisle.com/#>buy cialis online without prescription</a> Levitra Canada Free Shipping
Nome: 
DenbupDS

Publica o teu comentario agora