ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os portugueses deben recoñecer aos galegos como diferentes pero moi próximos. Nós temos que recoñecelos como unha terra irmá, con perfís e trazos diferentes, pero cun futuro cheo de posibilidades se se establecen parcerías, colaboracións. É unha das posibilidades que apunta o historiador Ramón Villares, autor do libro “Galicia e Portugal Irmandade e fronteira” que ven de publicar editorial Galaxia. Falamos do volume no club de lectura de Radio Fene Radiofusión coa participación de Juan Carneiro, Miguel Angel Rodriguez, Ramón Villares e Henrique Sanfiz.
Na raia houbo sempre relación a través do contrabando. Pero tamén había receos entre Galicia e o Norte de Portugal. Na ponte sobre o rio Miño á altura de Tui, construída en 1886, fíxose un burato para colocar unha bomba e voar a ponte no caso de que se desatara un conflito bélico entre España e Portugal, o que era unha proba dos receios existentes, para o historiador.
A integración de España e Portugal na Unión Europea provocou unha desfronteirización que pode xerar grandes oportunidades. Pero segue habendo pouca cooperación e comunicación cultural entre o norte de Portugal e Galicia. Non houbo nunca un nacionalismo ibérico, apunta Villares. O soño dos iberistas nunca tivo unha tradución política. En cambio, Italia fíxose a partir do Piamonte.
A comezos do século XX houbo un ensaio moi forte dun iberismo tripartito. Cataluña era a zona máis urbanizada e industrializada. Cambó, Prat de la Riba, Eugene d´Órs desenvolveron a idea dunha Hespaña grande construida desde a súa comunidade. Pero, en 1919-1920 comezase a falar de autonomías, empeza a colaboración entre Galicia, Catalunya e o Pais Basco que logo dará lugar a Galeusca. Antoni Rovira i Virgili en 1923 nun banquete aos hospedes vascos e galegos afirmou: “Está pechada a época de Piamonte, agora entramos na era de Irlanda”. Aí está unha das claves da evolución posterior do nacionalismo catalán, para o membro da Real Academia Galega.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora