Posible caso de violencia machista nas Pontes

Posible caso de violencia machista nas Pontes

24 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Unha muller resultou ferida tras recibir dous disparos na cabeza cando daba un paseo por rúa Meidelo das Pontes. Podería tratarse dun novo caso de violencia machista, xa que a autoría da agresión cunha pistola atribúese ao marido da vítima, do que estaba separada e en trámites de divorcio. Segundo testemuños recolleitos na zona, o presunto agresor apeouse dun taxi e pegoulle un tiro, abandonando o lugar a continuación.

O suceso produciuse sobre as 19.30 horas, cando a muller, cuxa identidade responde as iniciais M.C.P.F., de 48 anos de idade e que reside nas Pontes, estaba a dar un paseo en compañía dunha veciña. A ferida, que estaba consciente, foi trasladada de inmediato ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol nunha ambulancia na que entrou polo seu propio pé, do que se desprende que os impactos só deberon rozala. A Garda Civil busca ao autor dos feitos que se deu á fuga. 

Sociedade