Posta en escea

Posta en escea
23 de Setembro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No mes de outubro comezarán distintos cursos e actividades na comarca dirixidos pola profesora de teatro, actriz, directora e cantora Eugenia Sanmartin. A polifacética artista falou desta oferta de formación en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Cabanas e Narón acollerán a partir do mes que vén obradoiros de teatro, voz falada e canto en grupo impartidos por Eugenia Sanmartín. Tamén ten previsto dar clases particulares para aprender o manexo da voz cando se fala en público. Para todas as persoas que teñen que falar diante dun auditorio, como poden ser profesores, avogados ou quen prepara unha oposición 

Desde o mes de outubro ata xuño Eugenia dirixirá o quinto obradoiro de teatro para adultos do Concello de Cabanas, E coa asociación Celeuma ofrecerá en Narón, un obradoiro de voz falada e outro de canto en grupo. O taller de canto será os xoves de 18 a 20 horas. O de voz falada, os sábados de 11 a 13 horas e o obradoiro de teatro en Cabanas os mércores entre as 20 e as 22 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora