ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene traballa na recuperación de camiños reais e pistas forestais. A área de Servizos iniciou en Barallobre os traballos de roza e acondicionamento do firme mediante o uso dunha retroescavadora e a achega de grava, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e seguridade nestas vías.
A concelleira de Servizos, Sandra Permui, destacou a importancia destas tarefas “para a conservación e posta en valor destas infraestruturas rurais, así como para a preservación do noso medio natural e a prevención de incendios”. Os labores comezaron na parroquia de Barallobre, onde o persoal municipal está a executar as primeiras intervencións. Ao remate destas, prevese que estes traballos continúen gradualmente ao resto de parroquias do concello, beneficiando ao conxunto da veciñanza fenesa.
Publica o teu comentario agora