ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene comezou os traballos de limpeza do Río Cádavo para reducir o risco de inundacións. Empezaron tamén as podas de árbores. O alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira de Medio Ambiente, María del Carmen Martínez, supervisaron o inicio destes traballos.
O Concello de Fene, a través da área de Medio Ambiente, comezou esta semana os traballos de limpeza do Río Cádavo no seu tramo urbano, desde o entorno do consistorio até Perlío, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións. As tarefas inclúen a eliminación de lodos e pólas depositadas na canle do río. Contan cun investimento de aproximadamente 8.000 €. Medio Ambiente tamén iniciou os traballos de poda de árbores na Avenida Naturais e na Marqués de Figueroa, unha actuación que ronda os 15.000 €.
O alcalde de Fene, Juventino Trigo destacou que esta limpeza “enmárcase dentro dos esforzos do goberno local para previr as consecuencias das fortes choivas”, e lembrou a recente compra e limpeza dunha parcela en Perlío que supuña un dos maiores obstáculos para o paso da auga no río. Pola súa parte, María del Carmen Martínez, subliñou a importancia de manter os espazos verdes coidados. “A poda das árbores non só mellora a estética das nosas avenidas, tamén prevén posíbeis problemas derivados da caída de pólas en época de choivas”, explicou a concelleira.
Publica o teu comentario agora