ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene acometerá en agosto a limpeza do cubo do muíño do Parque Lineal do río Cádavo. O goberno local fai un chamamento á veciñanza para evita o vertido de residuos neste espazo patrimonial e ambiental.

O Concello de Fene planificou para o mes de agosto a limpeza do cubo do muíño do Parque Lineal do río Cádavo. Para levar a cabo eses traballos coa maior eficacia, o Concello xa efectuou como paso previo o baleirado do cubo, o que facilitará a retirada dos lodos e sedimentos acumulados no fondo. Este proceso permite que os depósitos perdan humidade durante varios días, facendo posible unha intervención máis rápida, segura e eficaz tanto para o persoal como para a maquinaria que participará na limpeza. A actuación está prevista para a segunda semana de agosto, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, e permitirá recuperar a capacidade hidráulica do cubo, mellorar o seu estado de conservación e garantir o correcto mantemento deste elemento patrimonial integrado nun dos espazos de esparexemento máis frecuentados do municipio.
Publica o teu comentario agora