Posta a punto

Posta a punto
10 de Setembro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene realiza este mes traballos de poda do arborado urbano en Marqués de Figueroa e Naturais de Fene. Deste e doutros labores que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente informou a concelleira responsable desta área municipal, Cristina García Moroño.

ESCOITA O PODCAST:

Retirada de pólas secas ou danadas para manter en óptimas condicións o parque verde municipal son traballos que desenvolve desde primeiros deste mes a Concellería de Medio Ambiente en case douscentos árbores das avenidas Marqués de Figueroa e Naturais de Fene. Comezaron nesas dúas rúas e despois continuarán noutros puntos do concello, explicou a concelleira Cristina García Moroño. En total vanse poñer a punto 152 plátanos, 43 magnolias e dúas camelias. 

A Concellería de Medio Ambiente tamén planifica para a segunda quincena de setembro os traballos de limpeza dos cursos fluviais nas zonas urbanas do municipio para previr riscos de crecidas cando cheguen as chuvias. As actuacións, condicionadas ás autorizacións de Augas de Galicia, afectarán ao río Cádavo ao seu paso polas zonas urbanas de Fene e Perlío, así como a diferentes tramos dos ríos situados nas zonas urbanas de Barallobre, Maniños e Limodre.

Outra actuación en marcha da Concellería de Medio Ambiente de Fene ten por obxecto a mellora dun dos espazos máis emblemáticos do municipio, o cubo do muíño do Parque Lineal, co plan de limpeza e conservación, ademais de renovar o sistema de iluminación.

Institucional

Publica o teu comentario agora