Postergel presenta a súa nova maqueta o sábado no Fardela

Postergel presenta a súa nova maqueta o sábado no Fardela

01 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O son guitarreiro, a enerxía e a forza de Postergel tomarán o Pub Fardela o vindeiro 4 de xullo, a partir das 00.00 horas, para un concerto presentación da súa nova maqueta “Salir Corriendo”. Para todos os que gusten do bo rock con selo chairego, hai unha data obrigada na noite do vindeiro sábado.

Esta será a última oportunidade de ver ao grupo vilalbés, xa que o verán chega para todos e se tomarán unhas pequenas vacacións. O vindeiro 25 de setembro é a data elixida para volver a subirse a un escenario, esta vez no Xoldra, en Guitiriz.

Cultura