ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo ferrolán de pop rock “Habitación 92” actúa este xoves no Torrente Ballester dentro do ciclo “Novas Noites”. A banda naceu no Nadal de 2007, cando Pantxo e Chisco, antigos membros do grupo Polos Opuestos, deciden poñer en marcha un novo proxecto. A eles se unirían Ismael Miján e Ernesto Martínez.
Tras o seu debut en 2008 “Habitación 92” arestora presenta un son distinto, máis maduro, fresco e intenso. O seu repertorio está composto de 13 temas para tocar en directo e tres versións de Pearl Jam, Radiohead e Ramones.
Entre as súas influenzas atópanse o movemento Seattle, grunge ou Radiohead. As súas bazas son un directo potente, con moita pegada e música de calidade.
Actualmente os ferroláns están a gravar a súa primeira maqueta nos estudos de Víctor Gacio para logo xirar polos locais de todo a península.
O concerto de “Habitación 92” este xoves, 5 de novembro ás dez da noite na Capela do Torrente da Ballester. O prezo da entrada ascende a 5 euros.