ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A comisión de festas de Sillobre organiza a poxa das uvas dentro do programa festivo este sábado. Levan facendo hai cinco anos, lembrando de cando se subastaba o trigo para financiar as actividades festivas. Agora cada ramallo pode lograr trinta ou corenta euros.
A xente pícase e a poxa vai para arriba, explica Bruno Aneiros, da comisión de festas.
A parroquia sempre se porta, afirman os membros da comisión organizadora dos festexos de Sillobre. O noventa e cinco por cento das vivendas colaboran economicamente. A media é de sesenta euros para cada unha das dúas festas, pero tamén axudan no caldeiro e con camisolas, tazas e outro marketing que preparan para a ocasión. O ambiente musical comezará o venres coa charanga da Carmiña. A orquestra Galia correrá coas pezas do mediodía do sábado, segundo Aneiros. A noite do domingo, ás doce, haberá espectáculo pirotécnico a cargo de Millarengo durante quince minutos. Son sete membros os integrantes da comisión de festas de Sillobre. Despois do San Ramón, comezarán a organizar xa a Santa Mariña e o San Ramón do ano vindeiro.
Publica o teu comentario agora