ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O debate político galego vén de vivir unha polémica arredor da suposta censura que a Xunta de Galicia tería exercido sobre un informe do Comité Galego de Bioética, feito que provocou a renuncia da maioría dos seus membros. O que facía aquel informe era volver criticar o Real Decreto Lei 16/2012 que a Administración Rajoy, con Ana Mato aínda a á fronta do Ministerio de Sanidade, pro
En virtude da Declaración Institucional, as forzas políticas asinantes contraerán os seguintes compromisos:
· Facilitar e presionar para a posta en marcha as medidas lexislativas, políticas e orzamentarias necesarias para restituír o modelo sanitario acorde co principio de Universalidade da asistencia sanitaria como contemplaba a lexislación española anterior ao Real Decreto-lei 16/2012; e eliminar as figuras de persoa asegurada e beneficiaria.
· Desde o ámbito local, e mentres siga en vigor a actual lexislación, deseñar e difundir adecuadamente procedementos para garantir o cumprimento en todas as comunidades autónomas dos supostos aos que o Real Decreto-lei 16/2012 recoñece o dereito á asistencia sanitaria: a menores de idade, mulleres embarazadas, solicitantes de asilo e vítimas de trata de persoas en período de reflexión, e nos servizos de urxencias. Devanditos procedementos deberán asegurar que, en ningún caso, esas atencións sexan facturadas ou suxeitas á firma de compromiso de pago por parte das persoas usuarias.
· Desde o ámbito local, e mentres siga en vigor a actual lexislación estatal, adoptar as medidas necesarias para combater a discriminación no acceso á saúde independentemente da situación administrativa das persoas; e pór fin de maneira inmediata ás prácticas de facturación pola atención de urxencias ás persoas inmigrantes sen tarxeta sanitaria até a situación de alta médica.
· Presionar para a posta en marcha medidas de acceso aos servizos de saúde e prestación farmacéutica para as persoas inmigrantes excluídas do Sistema Nacional de Saúde (SNS), naquelas comunidades autónomas que non as dispuxeron aínda e en todos os casos, asegurarse de que se fan efectivas, baseadas en requisitos accesibles e alcanzables, especialmente para as persoas en situación administrativa irregular, sen recursos e/ou en especial situación de vulnerabilidade.